ABUL MOGARD & MARJA DE SANCTIS



ABUL MOGARD & MARJA DE SANCTIS / SRB BRA

LIVE A/V

Abul Mogard é unha figura misteriosa da que a escasa información pública coñecida é que naceu en Belgrado, pasou a maior parte da súa vida traballando nunha fábrica de aceiro serbia, e, tras a súa xubilación, comezou a facer música e construírse os seus propios instrumentos. A súa paleta de son está creada por  sintetizadores e outros dispositivos, algúns construídos por el mesmo, e está destinada, segundo o seu autor, a reconstruír as contornas físicas e emocionais daquela factoría.

“Cunha historia de orixe tan enigmática como a música en si mesma, Abul Mogard parece impactar a todos os que escoitan a súa rica e conmovedora obra, desde Thom Yorke ata Rob Booth. As súas pistas provocan un gozo tortuoso que raramente se atopa no mundo de música electrónica contemporánea” (Berlin Atonal 2017)

Estará acompañado polas visuais da artista brasileña afincada en Londres Marja de Sanctis.

Abul Mogard
Facebook | Twitter | Bandcamp | Soundcloud

Marja de Sanctis
Website | Instagram | Twitter

 

PRIMEIRA VEZ EN ESPAÑA

Portas abertas 20 minutos antes do comenzo do espectáculo. Sen reserva de asento. Entrada por orde de chegada ata completar capacidade.

☰ VENRES 14 | 20:00 | TEATRO PRINCIPAL ☰