ABU SOU


ABU SOU / ES

Abu Sou forma parte da crew da tenda barcelonesa Discos Paradiso, e é o director e presentador do programa de radio centrado no coleccionismo musical Canela En Surco. A translación do seu programa ao club levoulle a pinchar en salas e festivais de todo o estado (Razzmatazz, Moog, Nitsa, Lanna Club, RBMA Weekender, Bilbao BBK Live ou Cruilla entre outros), así como a abrir e pechar veladas para xente como Larry Heard, Floating Points, Hunee, Terrence Parker, Dj Nature, Andrés, Moodyman, Lena Willikens ou Tako. Nos próximos meses o seu programa de radio bifurcarase en selo discográfico coa reedición de ‘Universo dá Ilha’ de Vasco Martins, un disco producido nos anos 80 en Cabo Verde.

A súa procura céntrase na música producida no Oeste africano, Caribe e Sudamérica, aínda que no set para WOS promete incluír algún experimento galaico-portugués de décadas pasadas.

Soundcloud | Mixcloud | ScannerFMTwitter | Instagram | Facebook

 

Entrada libre ata completar aforo.

☰ SÁBADO 15 | 16:00 | CGAC – TERRAZA ☰