fbpx

7 LIMBOS


“7 LIMBOS” (2019, Alexandre Cancelo e Berio Molina)

Sete grupos de enmascarados recorren diferentes paisaxes. Nas súas codias levan fósiles debuxados, a presenza dunha identidade descoñecida. Cos seus movementos golpean o chan das cidades e fan vibrar as súas estruturas, a súas construcións, modificando a paisaxe sonora que escoitan os seus habitantes. Contemplan en silencio o colapso das ruínas mentres asisten á morte do legado utópico dos seus creadores. Capturan o vento mentres menean o seu corpo, revelando as voces que foron separadas da linguaxe, os ruídos que foron quitados dos obxectos. 7 Limbos vólvese cara ao espectador e invítao: “Ven bailar comigo, non traias nada”. 7 Limbos é unha viaxe sonora polas veladuras do espectral.

Vimeo trailer

As películas de WOS CINEMA X NUMAX son abertas ao público xeral (non fai falta ter entrada ou abono do festival). En todos os casos as entradas deberán adquirirse de xeito independente na web de NUMAX. As persoas con abono Premium gozarán dun desconto especial.