Voluntariado

Programa de voluntariado

En colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, WOS ofrece a aquelas persoas cursando estudos universitarios a posibilidade de obter recoñecemento académico a cambio de exercer voluntariado cultural no festival. As tarefas requiridas ó persoal voluntario poden incluír:

  • asistencia ó persoal técnico e de produción
  • preparación de paquetes de benvida e información
  • control de acreditacións
  • atención ó público nas diferentes actividades
  • Horario: flexible por quendas de mañá ou tarde
  • Prazo de inscrición: ata o 31 de Agosto
  • Lembra que non é necesario ser estudante da USC
  • Máis información sobre o recoñecemento de créditos en www.usc.es/sepiu

Inscricións e máis información: sepiu.santiago@usc.es

Listaxe completa de voluntariados culturais do SEPIU
SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC)