Vir ó WOS

VIR AO WOS

Descontos

renfe
Desconto con Iberia

Iberia, transportista aéreo preferente de WOS Festival 2017, ofrece un desconto dun 10% para os asistentes ao festival. Unha vez seleccionada a túa tarifa de ida e volta en www.iberia.com, fai clic no apartado “Teño un código promocional”, e inclúe o código de desconto 2017WOSFESTIVAL (en maiúsculas). O desconto é aplicable a viaxes dende 5 días antes ata 5 días despois das datas de celebración do evento. Válido para voos operados por Iberia, Iberia Express, e Airnostrum.

Desconto con Renfe en AVE e longa distancia

Renfe ofrece un 30% para aquelas persoas que viaxen ao WOS 2017 en trenes de longa distancia ou AVE. Envíanos un mail a logistica@workonsunday.es para que che enviemos un documento acreditativo cos teus datos que deberás levar impreso na túa viaxe, e un código único que precisarás para que che apliquen o desconto na venda en estacións, axencias de viaxe ou www.renfe.com seleccionando a tarifa de “Congresos e eventos”.

En coche ou transporte público

 
ALOXAMENTO

Podes informarte sobre a oferta hotelera, gastronómica e turística de Santiago de Compostela en santiagoturismo.com