INFO ABONOS Y ENTRADAS
  • As entradas de día dan acceso durante o día adquirido, o abono PREMIUM da acceso durante os cinco días do festival, e o abono WEEKEND da acceso o venres, sábado e domingo. Non obstante, algunhas actividades puntuais do programa poden requerir a adquisición adicional dunha entrada independente. Estes casos serán debidamente especificados, así como sinalizados na web e programa de man.
  • O acceso en espazos con aforo reducido realizarase por orden de chegada. Nas actividades de entrada libre as persoas cun abono ou entrada de día terán preferencia de acceso.
  • WOS Festival non permite o acceso a ningún dos seus espazos con equipos de foto e vídeo. Solicitude de acreditacións: http://wosfestival.workonsunday.es/prensa/
  • Os prezos das entradas se incrementarán na billeteira.
CONDICIÓNS XERAIS DE COMPRA DE ENTRADAS

1. ACCESO AO RECINTO Para entrar ao recinto deberás amosar a túa entrada que será escaneada para a súa verificación. Deberás identificarte co teu DNI ou pasaporte no caso de que a organización o solicite. 1.1 Para acceder a WOS a túa entrada de día ou abono será intercambiado por unha pulseira no punto de venda de entradas do evento. Só a posesión da pulseira colocada correctamente no teu pulso da acceso ao festival. A xanela permanecerá aberta ata as 23.h de cada xornada. A pulseira é persoal e intransferible. É responsabilidade do usuario manter en estado óptimo a pulseira que o identifjca como asistente. Consulta a nosa páxina web para informarte sobre os espazos e horarios de intercambio. 1.2 O Organizador denegará o acceso aos recintos ao portador se concorre en calquera das seguintes circunstancias: 1.2.1 A entrada atópase incompleta, emendada, rota ou con indicios de falsificación. 1.2.2 O portador manifesta unha actitude violenta ou que incite publicamente ao odio, a violencia, ou a discriminación por motivos de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión, minusvalidez, orientación sexual, identidade de xénero ou calquera outra condición ou circunstancia social ou persoal, e, en especial, ao portador que se comporte de xeito agresiva ou provoque disturbios no exterior ou na entrada, ao que leve armas ou obxectos susceptibles de ser utilizados como tales e ao que leve roupas, obxectos ou símbolos que inciten á violencia ou supoñan apoloxía de actividades contrarias aos dereitos fundamentais recoñecidos na lei e a Constitución. 1.2.3 O portador presenta síntomas de embriaguez ou de estar a consumir ou ter consumido drogas ou substancias estupefacientes. 1.2.4 O exercicio do dereito de admisión non comportará, en ningún caso, a denegación de acceso ao portador por razóns de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión, minusvalidez, orientación sexual, identidade de xénero ou calquera outra circunstancia ou condición persoal ou social. 1.2.5 Na entrada aos recintos, o público pode estar suxeito a un rexistro segundo a Lei. Non está permitida a entrada de obxectos que poida ser considerada perigosa pola Organización ou estea prohibida pola normativa vixente. 1.2.6 O Organizador poderá denegar o acceso ou expulsar dos recintos o portador da entrada en caso de incumprimento das indicacións do persoal da Organización, así como en caso de que poida razoablemente presumirse que se vai crear unha situación de risco ou perigo para o propio portador ou outros asistentes ou por estados de intoxicación aparente ou potencial, responsabilizándose persoalmente o portador en todos os casos polas súas propias accións e omisións que causen lesións a terceiros ou danos a bens. 2. IDENTIFICACIÓN DA PROMOTORA Vostede está a contratar con WORK ON SUNDAY S.L.U.: CIF:B-70248794 Domicilio: en C/ Calvo Sotelo, 51, 4ºH 27600 Sarria, Lugo Teléfono de contacto: +34 881 97 66 16 de Lunes a Viernes de 10.00h a 18.00h. E-mail de contacto: festival@workonsunday.es Twitter: https://twitter.com/wos_festival Facebook: http://www.facebook.com/wosfestival Instagram: wos_festival 3. CONDICIÓNS XERAIS DA ENTRADA: A adquisición de entradas de WOS supón a aceptación das seguintes condicións: 3.1 Unha vez adquirida a entrada, unicamente se cambiará ou devolverá o seu importe en caso de cancelación do evento. Non obstante, vostede pode exercitar o dereito ao desistimento durante 14 días naturais despois da compra sempre que mercase a entrada con antelación mínima de 14 días naturais ao evento (esta condición só se aplicará no caso de compra de entradas online). Non se realizarán nin cambios de nome nin devolucións agás nos casos especificados nas condicións xerais de entrada (punto 3.2). 3.2 En caso de cancelación, o adquirente poderá solicitar o reembolso no prazo non superior a trinta días dende a data da comunicación pública da cancelación, na forma especificada polo Organizador. Atendendo ás entradas de pagamento por días ou do conxunto do festival, considerarase cancelación a suspensión de máis da metade do programa. A suspensión darase por imposibilidade de asistencia do artista ou artistas concertados polo festival. A organización resérvase o dereito de alterar ou modificar o programa sempre que se cancelase a presenza dun artista por motivos alleos ao festival. O festival buscará un artista para substituír o cancelado. Non se devolverá o importe da entrada en caso de cancelación do festival debido a malas condicións climatolóxicas, desastres naturais, peche do espazo aéreo español ou outras causas de forza maior. 3.3 A Organización non garante a autenticidade da entrada se non foi adquirida nos puntos de venda oficiais. A Organización do festival non asume ningunha responsabilidade en caso de perda ou roubo da entrada. Debes custodiar a túa entrada ata o día do evento coma se fose diñeiro en metálico. O beneficiario da entrada ou a persoa a nome da cal se personaliza a entrada, asume toda responsabilidade no caso de que a súa entrada se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada, perdendo todos os dereitos que esta lle outorga para poder acceder ao evento. 3.4 Se facilitas datos dun acompañante obrígaseche a informar e obter o consentimento para o tratamento dos seus datos, que quedan suxeitos á nosa política de privacidade que aparece na cláusula seguinte. 3.5 O portador da entrada recoñece que poderá aparecer en imaxes tomadas dentro dos recintos por diferentes medios para a súa posterior difusión informativa ou promocional, e autoriza o devandito uso, que será responsabilidade de cada medio. As imaxes poden aparecer en Internet polo que a súa difusión pode non ser controlada. 3.6 No caso de imaxes recollidas por WORK ON SUNDAY, S.L.U. informámoste que os teus datos están incorporados a un ficheiro baixo responsabilidade de WORK ON SUNDAY, S.L.U. coa finalidade de xestionar a compra de entradas e/ ou a relación. Podes exercer respecto aos teus datos o dereito de acceder, rectificar, cancelar ou opoñerte ao tratamento dos teus datos dirixíndote a info@workonsunday.es ou no domicilio sito en C/ Calvo Sotelo, 51, 4ºH 27600 Sarria, Lugo. Os datos que facilitas son veraces. Non se permite o rexistro de menores de 14 anos. 3.7 A posesión da entrada non dá dereito ao seu posuidor ou a terceiros a utilizar a mesma ou o seu contido con fins publicitarios, de mercadotecnia ou de promoción (incluídos concursos, regalos e/ou sorteos) asociados ao posuidor da entrada ou terceiros. 4. Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual. Queda prohibida calquera filmación, gravación ou reprodución no interior dos recintos salvo autorización expresa da Organización. 5. En caso de dúbida ou consulta, hai información dispoñible na web do festival. As persoas interesadas encontrarán follas de reclamación á súa disposición no lugar de celebración do festival e no noso domicilio social. Podes obter información de servizos de consumo en http://www.consumo-inc.es/ 6. MENORES DE IDADE: 6.1 Os menores de ata 16 anos inclusive poderán entrar de forma gratuíta sempre que vaian acompañados polos seus pais ou un titor. Os titores deberán levar a documentación que os identifique como tales. Os menores de 16 e 17 anos, despois de pagar a súa entrada, poderán acceder ao recinto nas mesmas condicións que os adultos sen necesidade de ir acompañados. Nalgunhas das actuacións programadas en salas de concertos, a idade mínima é de 18 anos. 6.2 Durante a súa estanza no recinto, os pais ou titores legais serán responsables de calquera acción que o menor realice. Para que isto sexa posible é necesario presentar á entrada do recinto a seguinte documentación: DNI, libro de familia, pasaporte de ambos os dous ou documento legal que acredite a relación paterno filial ou de responsabilidade sobre o menor. 6.3 Por outro lado o pai ou titor deberá asinar un documento de descargo polo que se fai responsable do menor mentres este se ache no interior de calquera recinto do festival. 6.4 En todo momento tanto os pais ou titores legais coma o menor deberán levar o seu DNI ou pasaporte por se fose requirido por parte do persoal da organización para acreditar a súa identidade. No caso de estranxeiros deberán achegar os documentos oportunos do seu país de orixe. Tanto a autorización de asistencia coma o documento de descargo poderán recollerse e cumprimentarse na xanela do festival. 6.5 A Organización informa que a lexislación vixente prohibe expresamente a venda de alcohol aos menores de 18 anos, para iso identificarase a cada menor cunha pulseira coa que non lle será posible comprar alcohol. O menor deberá en todo momento levar visible esta pulseira, así como o seu DNI. 6.6 A falta de cumprimento dos requisitos anteriores, serán motivo de expulsión do recinto e non darán dereito a reembolso ningún do prezo aboado pola entrada do menor. 7. IDENTIFICACIÓN DA XESTORA COMERCIAL Vostede está adquirindo unha entrada a través de TICKETSCRIPT S.L.: CIF: xxxxxx Portal de l’Àngel 36, 1a planta 08002 Barcelona Teléfono de contacto: T. +34 (0)93 547 73 59 luns-venres 09:00h – 17:30h COMUNICACIÓNS WOS pode anular ou modificar calquera das anteriores condicións ou informar de incidencias, poñendo en tal caso en coñecemento do público esa información a través dos canais que considere adecuados.