Za! & diola


ZA! & DIOLA / ES

O Mundo Estrela os cría e eles xúntanse. Dúas das bandas máis orixinais da península únense no WOS para ofrecernos -por primeira vez- un concerto conxunto. A un carón do ring temos a diola, novo proxecto de tres membros dos míticos Unicornibot, presentando o seu excelente debut. E ao mesmo lado do ring (porque non compiten, xogan xuntos) temos aos ZA!, con máis de dez anos e 400 concertos repartindo flow polos cinco continentes. O que ocorrerá cando se xunten no escenario do WOS ninguén o sabe, pero podemos asegurar que romperá esquemas, barreiras e cadeiras.