Western Skies Motel



WESTERN SKIES MOTEL / DK

O guitarrista René González Schelbeck comparte en en Settlers unha colección de cancións compostas intimamente. O estilo hipnótico e cíclico de Schelbeck confire á súa música unha cualidade árida, gastada polo tempo, que parece capturar a solitaria e baldía paisaxe do Oeste norteamericano. Sen embargo, hai cuiosas dinámicas no xogo xa que Schelbeck, baixo o nome de Western Skies Motel, é danés, e a súa infancia ten pouco que ver co folk norteamericano. A súa música ten máis en común co ton solitario e calculado da moderna escea clásica berlinesa. Schelbeck é un guitarrista de notable dotación técnica, que pasou a súa xuventude danando o seu ouvido escoitando bandas locais de punk. O seu amor de xuventude polos muros de son e as guitarras discordantes renaceu na súa moderna paleta sonora. Non obstante, o uso actual destas técnicas invoca momentos de tensión palpable, que se superpoñen en desacougantes ondas de feedback e zunidos de harmónicos.