Vladimir Ivkovic


RED BULL MUSIC ACADEMY PRESENTA

VLADIMIR IVKOVIC / YU / DE

Nado e crecido en Belgrado, Iugoslavia, Vladimir Ivkovic foi testemuña do amencer das House Parties do país, así como da desintegración da sociedade iugoslava. Tras mudarse a Alemaña a principios dos 90, Ivkovic empezou a pinchar e montar festas, para converterse en pouco tempo nunha peza crave da vida nocturna alemá. Residente no Salon des Amateurs, actualmente Ivkovic publica no seu selo Offen Music referencias iugoslavas perdidas e proxectos contemporáneos de música electrónica.