Tomaga


TOMAGA / UK

Tomaga canaliza varias formas de multi-instrumentalismo que se moven a través do industrial, o jazz, a psicodelia e o minimalismo, no seu camiño a algo completamente diferente. Dedicados á exploración musical, este dúo con sede en Londres desconstruye obsesivamente tropos coñecidos, buscando a tensión que existe entre a improvisación e a forma. O seu segundo LP ‘The Shape Of The Dance’ (setembro 2016) foi unanimemente aclamado: foron descritos por BBC Radio3 como ‘a mellor banda no Reino Unido neste momento’, e foron nomeados por Thurston Moore como unha das 5 bandas que deberías coñecer nun artigo recente para NME.