Tolouse Low Trax



RED BULL MUSIC ACADEMY PRESENTA

TOLOUSE LOW TRAX / DE

“O primitivismo da miña música está relacionado con algo simple, e iso non ten porqué ser obrigatoriamente minimalista. Para min é suficiente con revolotear ao redor do núcleo. A música á que non dás forma ata o final contén un mimento de beleza, un veo de segredo. Traballo desde a sinxeleza, prefiro reducir as posibilidades no meu compás. A limitación ofrece unha chea de liberdades”. A ética de Toulouse Low Trax se ramifica nos seus múltiples traballos publicados en selos como Ídelle Press, Infiné, Karaoke Kalk, Kunstkopf, Neubau, Themes For Great Cities, Antitote ou Cómeme. O produtor alemán non é un recentemente chegado á escena: aínda un membro activo de Kreidler, é o home tras o infame Salon des Amateurs de Dusseldorf. As súas producións como Toulouse Low Trax exploran unha elegancia afro-barroca a través de arpegios escuros, e unha lenta hipnósis desdibuja os xéneros en borrosos escenarios nos que é fácil perderse sen volta atrás.