The Dwarfs of East Agouza



THE DWARFS OF EAST AGOUZA / EGY

The Dwarfs of East Agouza son un trío de Cairo, Exipto, xurdido en 2012 cando os seus tres compoñentes vivían nun mesmo edificio do barrio Agouza. As exploracións baseadas na improvisación de Maurice Louca, Sam Shalabi e Alan Bishop alimentaron horas de gravacións. Tras recompilar e mesturar o disco no estudo Break Glass de Montreal, o resultado foi publicado en 2016 con Nawa Recordings nun disco dobre titulado Bes, o nome dunha deidade anana exipcia venerada como defensora de todo o bo e inimiga de todo o que é malo. Bes é a captura dunha viaxe hipnótica e impredicible do trío. Foi seleccionado entre os mellores albumes de 2016 por The Quietus e Wire Magazine.