STA



STA / ES

‘Goma’ é o primeiro disco do colectivo STA para Humo. Trinta minutos de delicioso dub elaborado con sabedoría de alquimista froito dunha traxectoria que se remonta hai 15 anos e que ten como protagonistas fundadores a dous barceloneses de orixe arxentina como Pablo (Pope) e Holy e a outra morea de músicos inquedos. Unha aventura inspirada na doce e hipnótica cadencia do reggae e na súa evocadora calor, pero tamén no seu afán explorador e na súa desbordante imaxinación e descaro.

A grandeza de STA é facer o fácil difícil, para que a través dunha delicada e meticulosa labor de produción, edición e mestura, entreguen un antollo musical cheo de detalles que hai que ir descubrindo coas adictivas escoitas.