Sontag Shogun



SONTAG SHOGUN / US

Sontag Shogun é un trío colaborativo baseado entre Nova York e Montreal que fai un uso híbrido entre tratamentos sónicos analóxicos e dixitais, e composicións nostálxicas de piano. As texturas construídas a partir de materiais orgánicos tales como area, arroz, lousa, auga fervendo, cepillos ou follas secas, xa sexan producidas en vivo ou gravadas nunha cinta de 1/4 “, achegan calidez entre exuberantes temas de piano. Todo iso rexístrase limpamente nun espazo dixital con voces tratadas, exuberantes gravacións de campo, e un fío de piano procesado en directo. O gatillo emocional de Sontaq Shogun devólvenos a un recordo de aromas, no que o proceso sen palabras é máis revelador que o destino mesmo. O seu próximo LP, Patterns For Resonant Space, será lanzado en xullo de 2017 a través de Youngbloods (NYC) e en CD en Xapón por Ricco Label. Patterns é arte sonora para escoitar intimamente en casa, non creado para a especulación ou a análise, senón para ser consumido pasivamente nunha tarde tranquila. O piano mantense mentres que o grupo acomódase de maneira libre e fugaz, materializando unha profunda reserva de nostalxia e anhelo.