Sonic Parkour


SONIC PARKOUR / ES

Nacho Muñoz presenta o seu proxecto “Concerto para piano e cidade”, a versión en palco da iniciativa Parkour Sonoro, unha investigación poética centrada na relación das persoas co son. Neste formato de concerto audiovisual con videorealización en directo (dirixida por Roi Fernández aka Sr Pause), Nacho Muñoz propón unha serie de pezas para piano creadas a partir de grabacións de imaxes e sons capturados en diferentes cidades de Europa, convertindo os ruidos cotidiáns das rúas en músicas de gran beleza e orixinalidade. En definitiva, un convite a relacionarse coa cidade e establecer unha conexión sensible con ela a través do seu son. “Propoño con este proxecto mostrar diferentes posibilidades de reinterpretar a cidade dende a súa escoita, repensar o espazo público dende o son e, en definitiva, explorar outras maneiras de coñecer e sentir a cidade…”