Sensible Soccers



SENSIBLE SOCCERS / PT

Sensible Soccers son famosos polos seus directos hipnóticos e polas súas dotes de empatía coa audiencia, que en poucos anos dende o seu comezo en 2011 gañoulles un status preto ao de banda de culto. A principios de 2016 publicaron o seu segundo disco, “Vila Soledade” inspirado nas rutas locais en torno a Fornelo, un pequeno pobo no norte rural portugués onde a banda mantén o seu centro de operacións. O trío portugués fai música na súa maioría instrumental, cunha gran variedade de achegamentos musicais, mesturando sintetizadores cargados de capas con guitarras que envolven maxistralmente arranxos, todo dun xeito ousado e coherente, nun ritmo que arastra cun aceno tímido á pista de baile, ou á fraxilidade emocional.