Schwarz



SCHWARZ / ES

Schwarz, a banda, formouse en 1998 en Murcia a partires de Schwarz, o proxecto individual, cuxas primeiras demos datan dun ano antes. Os seus primeiros anos pasan preto da banda asturiana Manta Ray, con quen colaboran nun disco ( “Heptágono”) e unha minixira. Despois de dous álbums e un EP en Astro Discos, e varias xiras por Europa, e un LP máis en Acuarela, Schwarz optan pola autoxestión total, gravando e ediando os seus propios discos e montando as súas propias xiras. En 2016, publican “Nación subterránea”, un disco de cambios no que, á súa mestura de rock psicodélico e electrónica marca da casa, engaden percusións tribais (congas, chocas, güiros) que, máis  que latizinar, tribalizan, en mesaxe directa a esa tribo subterránea á que van dirixidas.