Robert Henke: Lumière III


ROBERT HENKE: LUMIÈRE III / DE

RESERVA DE BUTACA

Debido á singularidade do espectáculo Lumière III de Robert Henke, e buscando que a experiencia do público sexa o máis plena posible, o aforamento do teatro estará limitado e faranse dous pases con butacas numeradas (19:00 e 21:00, ambos o sábado 9). As entradas que dan acceso a este espectáculo estarán dispoñibles na taquilla do Teatro Principal a partir do mércores ás 18:00. Aconsellamos retirar coa maior antelación posible as entradas para calquera dos dous pases. A reserva será cancelada 15 minutos antes do comezo da sesión para aquelas butacas non ocupadas.

Lumière III é a terceira manifestación dun proxecto artístico e audiovisual de longo percorrido ao redor de láseres de alta precisión e son multicanle iniciado en 2013 por Robert Henke. Henke explora conceptos acústicos, ambisonics e as ondas difusoras do son a través do espazo como materiais cos que crear performances que combinan o son e a visión de maneiras innovadoras. Co obxectivo de proporcionar ao público unha experiencia única, Henke desenvolve hardware propio, codifica o seu propio software, inclúe múltiples canles de audio cos que situar ao oínte nun campo sónico máis aló do físico, ou desenvolve obras especificamente concibidas para localizacións concretas. A tensión entre os seus desexos artísticos e as súas esixencias técnicas xera unha linguaxe audiovisual única que busca ir máis aló os límites do posible dentro do propio medio. O resultado é unha peza efémera, altamente inmersiva e escultural, que funde os sentidos nunha experiencia completa.

Lumière I e II foron aclamados entre o máis destacado dos grandes festivais de creación audiovisual en todo o mundo, incluíndo CTM, MUTEK, STRP ou Unsound entre outros. Agora, Lumière III estrearase por primeira vez en España no festival WOS en setembro de 2017.

Robert Henke traballa nos campos da instalación audiovisual, a arte sonora, a música e a performance. Está fascinado pola beleza dos algoritmos como parte integral do proceso creativo. Os resultados do seu traballo sitúanse nos límites da música electrónica, composicións encaixadas dentro da tradición académica das computadoras, a fotografía, instalacións, arte sónico e software público. As súas obras han presentadas na Tate Modern London, o Centre Pompidou Paris, Lle Lieu Unique Nantes, PS-1 en Nova York, MUDAM en Luxemburgo, MAK en Viena, na Galería de Arte de Nova Gales do Sur en Australia, KW Institute for Contemporary Arte, Berlín ou a STRP Biennale de Eindhoven, entre outros, así como innumerables festivais. Robert Henke é tamén un dos principais creadores do software de música Ableton Live, que desde a súa invención en 1999 redefiniu completamente a produción e a práctica da música electrónica.