Oren Ambarchi



OREN AMBARCHI / AU

As obras de Oren Ambarchi son pistas dubitativas e cargadas de tensión que emerxen das gretas entre escolas moi diferentes: electrónica, improvisación, minimalismo, composición profunda e reflexiva, a falsa simplicidade de compositores como Morton Feldman ou Alvin Lucier, e o compoñente físico da música rock retardado e descarnado ata o óso, e substituído pola abstracción dun sinal puro. Desde finais dos 90 os seus experimentos en abstraccións con guitarra conducíronlle a un mundo sónico persoal e único que incorpora unha ampla paleta de instrumentos e sensibilidades. Ambarchi ten tocado e gravado cun diverso abanico de artistas como Sunn 0)), Keiji Haino, John Zorn, Merzbow, Jim Ou’Rourke, Akio Suzuki ou Phill Niblock, entre moitos outros. O seu aclamado trío con Keiji Haino e Jim O’Rourke toca anualmente en Tokio, e o seu último traballo “Hubris” inclúe colaboracións de Mark Fell, Arto Lindsay, Jim O’Rourke e Ricardo Villalobos entre outros. O seu album “Quixotism” foi nomeado por The Wire entre as obras do ano en 2014, e ese mesmo ano Pitchfork nomeoulle Artista Experimental do Ano.