Omni



OMNI / US

Omni son de Atlanta. O seu pop lo-fi con emanacións dos 70 e os 80 transpórtache a unha era na que os sobreviventes se cambaleaban deixando atrás o soño incumprido da Era de Acuario, e avanzando cara a un ameazante novo amencer. Omni destila a roña que serpentea a través do mellor de Television ou Devo, para materializarse nun bloque angular de extasis sónico sorprendentemente bailable e rebosante de hooks. No verán do 78 empuxar as raíces do rock&roll máis aló dos seus límites seguía sendo tendecia, pero Omni son un recordatorio de que o rock pode funcionar máis aló das progresións ortodoxas ancoradas no blues, incluso renunciando a atrincheirarse na seguridade dun muro de efectos. Suficientemente vangardista como para impresionar a amantes da música, e suficientemente atractivo no melódico como para transcender ata aquelas persoas que nunca preguntaron por “Sister Midnight” ou “Red Money”.