Nostoc


NOSTOC / ES

Nostoc é un dúo formado en 2016 por Mateo Mena e Laura Iturralde. Investigando como a ciencia se relaciona coa arte e como o ser humano relaciónase coa natureza conxugan materiais sonoros, escenográficos, visuais e lumínicos, tratando ampliar os límites do concerto convencional. A súa primeira proposta, ‘Taxón’, incorpora elementos visuais e escenográficos nun marco musical electrónico. Baseándose na evolución de distintos organismos e elementos presentes na natureza, Nostoc utilizan a «estrutura» como elemento central do discurso audiovisual desta peza. Nela combínanse música electrónica analóxica con visuais baseadas na manipulación de materiais en tempo real, buscando un punto intermedio entre o concerto e a instalación performativa.