Nite Jewel



NITE JEWEL / US

Ramona González é o nome da muller que, dende 2008, se agocha detrás de Nite Jewel. Nada en Los Angeles, e graduada en Filosofía, empezou a compoñer nun oito pistas portátil en cassette para, apenas un ano máis tarde, publicar o seu primeiro traballo “Good Evening”. En pouco tempo Nite Jewel estaba de xira por todo o mundo e fundou o seu propio selo, Gloriette, para publicar os seus propios traballo. Dende baladas futuristas a hits de pista de baile, o seu cuarto LP “Real High” (maio de 2017) é a máis centrado e certeira das súas súas obras ata a data. Con colaboracións dos seus habitualis Dâm-Funk, Droop-E e Julia Holter, a produción atemporal, voz única e  inmaculada manufactura das súas cancións fan do derradeiro traballo de Nite Jewel unha combinación irresistible que revela o seu feminino diálogo interno para reflectir os crecentes retos da sociedade hiper-moderna. Nite Jewel citou aos británicos Autechre como unha das súas maiores influencias. Ramona compaxina, ademáis, a súa faceta como música coa de artista multimedia.