Mwëslee


MWËSLEE / ES

Mwëslee (pronunciado como o almorzo) é un produtor de música electrónica e DJ residente en Vigo cuxas creacións combinan elementos de RnB futurista, electrónica de alta gama e unha sensibilidade próxima ao avant-jazz. Membro fundador do influente colectivo Arkestra, un dos selos iberoamericanos de referencia no que a música de vangarda refírese, e participante da Red Bull Music Academy en 2005, é a miúdo comparado con artesáns como Dimlite, Prefuse 73 ou Dabrye pola súa persoal perspectiva musical. En WOS 2017 presentaranos “Vel Satis”, o seu novo EP que mostra o resultado destes sete anos de traballo e investigación. A súa música recibiu o apoio de destacados dj’s como Gilles Peterson, Benji B ou Jackmaster ou publicacións como Fact, XLR8R, Dazed ou Resident Advisor, ademais de actuar por medio mundo, de Tokio a Los Angeles , de Marrocos a Oslo, gañándose así un posto entre a avanzada do Hip Hop vangardista do século XXI xunto a Hudson Mohawke, Dorian Concept, Flying Lotus ou Rustie.