Mounqup



MOUNQUP / ES

Camille Hèdouin é unha artesá do son. Nada en Francia, pero galega de adopción, leva desde os 15 anos participando coa súa voz en bandas de jazz, electrónica e folk. Foi en Galicia onde comezou a xogar con loops e samplers ata converterse na artista que é hoxe. As súas composicións son unha colaxe de texturas, formas e cores que teñen como resultado a paisaxe sonora de MounQup. Compón na absoluta soidade da súa casa no medio da montaña e A Bola (Celanova), rodeada da súa familia e experimentando con materiais que vai atopando na súa contorna. É no directo onde todo cobra sentido. Partindo desde un terreo frío e árido créanse xunglas sonoras sumando múltiples elementos que desembocan na éxtase sensorial. Poucas artistas representan tan ben a mestura de culturas, o compromiso con elas a través de influencias que van desde os ritmos africanos á experimentación nórdica mais arriscada.