Mientras el cuerpo aguante


MIENTRAS EL CUERPO AGUANTE

Fernando Trueba (1982)

Documental sobre a vida do cantautor e filósofo Chicho Sánchez Ferlosio, fillo do escritor falanxista Rafael Sánchez Mazas e irmán do escritor Rafael Sánchez Ferlosio. A película retrata a vida cotiá e as reflexións dun cantautor irrepetible, por entón afastado da vida política e social, así como o propio dispositivo de rodaxe, con Fernando Trueba dirixindo a súa segunda longametraxe. Un achegamento á vida de Chicho e a súa compañeira Rosa a través das súas cancións de resistencia antifascista, autonomía e independencia.

As entradas para esta película deben de ser adquiridas en
https://numax.org/cinema/festival/wosfestival
As persoas con pulseira Premium poden beneficiarse dun desconto especial.