Kaixo



KAIXO + INVITADOS (BBM + YOUNG MUZIK) / ES

Kaixo, orixinario de Vigo e residente en Porto, é unha das cabezas máis visibles das novas tendencias do Hip-Hop e a música electrónica englobadas no que hoxe chaman trap. Desde xullo de 2015 e a saída do seu primeiro álbum “Sniff Sniff” non parou de reinventar o concepto, levándoo a unha visión mais emocional e reivindicativa, sen esquecer o ambiente nihilista e autodestructivo que dirixe o trap. Kaixo e o seu equipo deron nome á súa propia visión do trap baixo a marca #NEWPUNK e as festas Overdose Club que desenvolven en Vigo, Madrid e Porto. Xunto ao colectivo Banana Bahia Music, Kaixo leva pisando escenarios desde 2009, propoñendo un concepto musical fresco, sen aditivos e cunha postura contemporánea ao seu propio tempo.