Huma



RED BULL MUSIC ACADEMY PRESENTA

HUMA / ES

Huma é o proxecto persoal de Andrés Satué, membro de Esquelas. Cofundador de Versal e Bicefal (ciclo de concertos e festival respectivamente, ambos con sede Barcelona), con este novo e primeiro EP de Huma funda con Miguel Sueiro (Bestiarie, Bicefal) o seu propio selo Hedonic Reversal. O EP “As tres fases do movemento” baséase en dúas ideas. Por unha banda as tres fases do movemento de Meyerhold, teórico do teatro que dividiu o movemento en tres fases: a primeira na que se pensa o movemento que se vai a realizar, a segunda na que se executa, e a terceira a reacción a este movemento. E doutra banda a idea das tres fases do movemento en musculación: isométrica, concéntrica e excéntrica. A partir da a unión destas dúas ideas xérase discurso moi físico, visceral e cunha alta carga emocional.