Hordas, tiranos e bestas: as novas marxes da disidencia


16:00-17:30 / SÁBADO 9 / CGAC

HORDAS, TIRANOS E BESTAS: AS NOVAS MARXES DA DISIDENCIA

Vivimos tempos apocalípticos nos que un bo número de editoriais independentes dedican os seus esforzos á confección e propagación de artefactos de disidencia, presentándose a si mesmas como sociedades secretas e entes subversivos. Na presente charla especularemos sobre a importancia de xerar novas mitoloxías, inventar formas inusitadas de activismo e amplificar a mensaxe das actuais escolas filosóficas de vangarda.

Modera:

Francisco Jota-Pérez (Barcelona, 1979) é escritor e guionista. O seu enfoque experimental da literatura fantástica levoulle a explorar os límites do xénero co seu Tríptico Linde (2011-2013), Aceldama (2014), Paisaje de las dehesas de invierno (2015) e Polybius (2016). Na súa faceta como guionista, asinou as novelas gráficas La Memoria Invisible (2009) e Antígenos de Gaia (2011), ademais da curtametraxe Nuestra Amiga la Luna (co cineasta César Velasco Broca, recentemente nomeado ao Premio Ignotus 2017 ao mellor ensaio por Homo Tenuis (2017).

Participan:

Servando Rocha (Santa Cruz de Tenerife, 1975). Editor, escritor e rostro visible da Felguera Editores. Especialista dos movementos contraculturales, prologou a autores Hakim Bey ou Alan Moore, William Burroughs e Aleister Crowley. Entre a súa bibliografía destacan títulos como La Facción Caníbal. Historia del Vandalismo Ilustrado (2012), Nada es verdad, todo está permitido: el día que Kurt Cobain conoció a William Burroughs (2014), El Ejército Negro (2015) e La horda.Una revolución mágica (2017).

Elisa McCausland (Madrid, 1983) é xornalista, crítica e investigadora especializada en cultura popular. Autora de Wonder Woman: El feminismo como superpoder (2017). Reflexionou sobre cultura, imaxe e feminismos tanto en espazos radiofónicos como en ensaios críticos e prensa escrita. Promotora do Colectivo de Autoras de Cómic e membro da Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic. Comisaria da exposición “Presentes: Autoras de tebeo de ayer y hoy”.

Frank G. Rubio (Madrid, 1956). Autor, entre outras obras, de El libro de Satán (en colaboración con Carlos Aguilar) e Protocolos para un apocalipsis (2010) xunto a Enrique Freire; así como da antoloxía de relatos de terror Trece para el Diablo e numerosos artigos e recensións sobre cinema e literatura fantástica para diversas publicacións como Quatermass, Prótesis ou Mondo Brutto. Como especialista en materia de esoterismo e Teoría da Conspiración, recompilou e prologou as antoloxías de ensaios de Aleister Crowley El continente perdido e El Libro de las Mentiras.

Alberto Ávila-Salazar (Madrid, 1975). Gañador do IX Premio de Arte Nova da Comunidad de Madrid pola novela Todo lo que se ve (Lingua de Trapo), é autor tamén de Lo que dicen los dioses (2015), e participou en varios ensaios colectivos como Cuadernos del abismo. Homenaje a H.P. Lovecraft (2008), De Galatea a Barbie, Autómatas, robots y otras figuras de la construción feminina (2010).