HHY & The Macumbas



HHY & THE MACUMBAS / PT

Dende Porto, HHY & The Macumbas transportan un son febril que axita vigorosamente cosmoloxía vudú con dub, nunha frenéticamente bailable misa negra destinada a desatar o espectro sónico que conecta a King Tubby e a Sun Ra cos ritmos Macumba. Ensamblados polo instrumentista de amplo espectro e produtor Jonathan Uliel Saldanha (tamén coñecido como HHY), a banda Macumbas, constituída por músicos do colectivo Soopa, parte activa da música exploratoria portuguesa desde hai máis de dez anos, destila un Dub cavernoso que combina unha enfebrecida percusión, a presión dos subgraves, e acios de ventos.