Greg Fox



GREG FOX / US

Greg Fox é un baterista e artista multidisciplinar que naceu e creceu en Nova York. Dende 2008 tocou en máis de 50 referencias, incluíndo o seu traballo conLiturgy, Ben Frost, Skeletons, Hieroglyphic Being, Man Forever, en solitario, e nos seus proxectos con GDFX e Guardian Alien.

Fox estudou batería con Thurman Barker, Marvin “Bugalu” Smith, Guy Licata, e Milford Graves, xirou varias veces por todo o mundo con diferentes bandas e colaboracións, fixo moitas residencias internacionais, e foi premiado como “Mellor batería de NYC” polo xornal Village Voice. En 2017 Fox ten previsto o lanzamento dalgunhas novas referencias, estará xirando por Europa e Xapón en solitario e con Zs, Colin Stetson, Ex Eye e Guardian Alien, así como a continuación e expansión da súa práctica docente. Estará en WOS presentando por primeira vez no estado o seu novo LP ‘The Gradual Progression’, que será lanzado o 8 setembro.