Greg Fox​ + Julia Kent​ + Oren Ambarchi​ + Sontag Shogun​ + Western Skies Motel


GREG FOX + JULIA KENT + OREN AMBARCHI + SONTAG SHOGUN + WESTERN SKIES MOTEL

A ceremonia de clausura da edición de 2017 correrá a cargo dunha xuntanza irrepetible de cinco xigantes da música exploratoria: Greg Fox​, Julia Kent​, Oren Ambarchi​, Sontag Shogun​ e Western Skies Motel​. Unha ocasión única na vida de acompañar a estes cinco amigos e reverenciados artistas sobre un mesmo escenario, nun concerto destinado a permanecer imborrable polo resto da vida no recordo, os ouvidos, a nariz e as retinas.