Encontro con Robert Henke


18:15-19:45 / XOVES 7 / CDC

ENCONTRO CON ROBERT HENKE

O nome de Robert Henke (Berlin, 1969) estará ligado para sempre ao florecemento da escena techno na Alemaña de mediados dos anos noventa. Xunto ao seu socio Gerhard Behles sentou as bases para un minimalismo sonoro, inspirado no dub e o ambient, que máis tarde popularizarían os selos Kompakt e Basic Channel. Pero o verdadeiro impacto a nivel mundial obtivérono grazas ao software que eles mesmos deseñaron para tocar en directo: o Ableton Live, chamado a converterse nunha das ferramentas máis revolucionarias da historia da música electrónica.

A súa presenza no festival permitiranos profundar na súa dobre vertente, como músico e desarrollador tecnolóxico, que lle levou a embarcarse no seu proxecto máis ambicioso ata a data: Lumière, un espectáculo a medio camiño entre o live electrónico e a experiencia lumínica, onde láseres de alta capacidade van debuxando libremente todo tipo de formas en sincronía co son. – http://roberthenke.com/

Modera:

Jose Manuel Costa (Madrid, 1949) é comisario e crítico de artes visuais e sonoras. Traballou como crítico de pop e cultura contemporánea en El País, La Luna de Madrid e en ABC, onde co-fundou o seu lendario Suplemento de Artes. Tras unha tempada como correspondente dese diario en Berlín e Londres, regresou a Madrid como xefe de Culturas do diario Público. Despois pasou a RNE, primeiro co programa Vía Límite e actualmente con Retromanía. Nos seus intres libres programa exposicións e eventos como Arte Sonora, ECO, Thomas Ruff, etc.