Demdike Stare



RED BULL MUSIC ACADEMY PRESENTA

DEMDIKE STARE / UK

Demdike Stare é unha colaboración entre Sexan Canty e Miles Whittaker, dous amigos da infancia do norte de Inglaterra cun apetito voraz en común polo coleccionismo musical. Tras moitos anos escrutando caixas de discos, o dúo comezou a traballar en 2008, e apenas catro anos despois publicaran xa tres álbums. A continuación unha serie de 12’s editados por Modern Love deu o paso cara a un terreo moito máis intenso e brutal, inspirado por todo tipo de xéneros, desde Industrial ata Noise, Free Jazz, Techno ou Música Concreta. Hai apenas uns meses publicaron por sorpresa o seu cuarto album, sacudíndose de enriba a temática ocultista que fiou todas as súas obras previas, e explorando en profundidade as súas mutacións de ritmos de pista de baile. No último ano Demdike embarcáronse en proxectos como musicar en directo películas para o British Filme Insitute, compoñer bandas sonoras para Hollywood, colaboracións co videoartista Michael England, ou elaborar seleccións das súas all-night sessions como DJs… mentres seguen executando en clubs sets que sen dúbida quedaron impresos na mente de quen tivese a sorte de velos.