BFlecha



BFLECHA / ES

A artista galega Belén Vidal leva dende o seu primeiro disco colleitando críticas fascinadas que se renden ante o seu traballo. No seu segundo álbum Kwalia, lanzado no seu propio selo Arkestra, BFlecha tomouse o seu tempo para explorar con éxito novos rexistros vocais e, por riba de todo, pulir e desenvolver un son propio que xa é inconfundible, unha paisaxe mental única e diversa que nos levará a través de atmósferas mesmo cercanas ao R&B e o  Hip-Hop contemporáneo, as estruturas do oop, a vangarda dixital ou ata ecos da música tradicional, todos eles alonxados de calquera tipo de cloché ou fórmula establecida. A obra de Jorge Luis Borges, Val del Omar ou María Zambrano comparten espazo co cinema de Kurosawa ou as teorías cuánticas de Leonard Susskind; belo, directo e sinxelo, pero a un tempo rebuscado e cheo de pasaxes e estruturas tan labirínticas como as súas cancións estruturas xa, Kwalia propón, por riba de todo, unha viaxe intimista ata dentro de nós mesmos. BFlecha está chamada a inaugurar un novo ciclo na música urbana en español xusto no momento no que máis se necesitaba. Libera a túa mente e comeza a subida.