Alicia Carrera


RED BULL MUSIC ACADEMY PRESENTA

ALICIA CARRERA / ES

A DJ galega establecida en Barcelona Alicia Carrera acumula un extenso coñecemento en Krautrock, Kosmische, EBM e psicodelia aplicada calquera xénero. Ademais de melómana por natureza, Carrera é artista gráfica, fotógrafa, editora do fanzine musical Zauberstab, membro do selo Barcelonés Hivern Discs e colaboradora habitual da emisora de radio independente con sede en Los Ángeles Dublab. Nas súas sesións desenvolve todo o seu imaxinario persoal, movéndose por estilos etéreos e psicodélicos para transformalos en música de baile.